Axenda

Ex., 14-06-2021
Venres, 21 de maio de 2021

O venres 21 de maio, ás 20.00 horas, a Casa da Cultura do Milladoiro acollerá a entrega de premios do XVIII Certame Literario do Concello de Ames.

Venres, 21 de maio de 2021

O obradoiro infantil “Quen dis que era Xela Arias?” celebrarase o vindeiro venres 21 de maio. A actividade, dirixida a nenos e nenas de 3º a 6º de primaria, realizarase na Biblioteca do Milladoiro ás 17.30 horas, a cargo de Xandobela. Trátase  dunha xincana literaria arredor da figura da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021 que lle permitirá aos participantes afondar dun xeito lúdico na obra e vida de Xela Arias.

mércores, 12 de Maio de 2021 a luns, 31 de Maio de 2021

O Concello de Ames prepárase para celebrar o mes das Letras Galegas, que nesta edición están dedicadas a Xela Arias. A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá ata o 31 de maio a exposición “Abecedáriome” realizada polo IES de Ames. Trata sobre a vida, obra e a época de Xela Arias. Esta mostra foi premiada no concurso-exposición Letras Galegas 2021 da Xunta de Galicia.

mércores, 12 de Maio de 2021 a luns, 31 de Maio de 2021

O Concello de Ames prepárase para celebrar o mes das Letras Galegas, que nesta edición están dedicadas a Xela Arias. Os veciños e veciñas poderán acudir á exposición “Xela Arias, desde nós en ti!”. Os versos da escritora, escolmados e ilustrados polo alumnado do IES de Ames, poderanse ver nos escaparates do Milladoiro e de Bertamiráns dende o 12 ata o 31 de maio.