Axenda

Ex., 30-10-2020
Venres, 21 de febreiro de 2020

A chimpos polo Urban Planet! é o nome da segunda actividade que se organiza ao abeiro do programa Trouleando. Trátase dunha actividade que conxuga diversión, deporte, ocio activo e socialización entre a mocidade. Desenvolverase o venres, 21 de febreiro, de 22.00 a 00.00 horas, nas instalacións do Urban Planet Jump Santiago, situadas no centro comercial de Área Central. Os/as participantes nesta actividade teñen que acudir disfrazados para celebrar o Entroido dando chimpos e trouleando no Urban Planet.

Venres, 21 de febreiro de 2020

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este venres, 21 de febreiro, ás 19.30 horas, o concerto de Entroido da Escola Municipal de Música de Ames. Os rapaces e mailas rapazas da EMMA amosarán o aprendido ao longo do curso interpretando diferentes temas musicais.

Venres, 21 de febreiro de 2020

Un encontro para coñecerse, compartir, cantar e ir aprendendo unha chea de cantos de noso. A foliada desenvolverase no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.