Axenda

Ex., 28-11-2021
Sábado, 20 de novembro de 2021

Coincidindo co mes da ciencia en galego nas bibliotecas, ofrecerase á mocidade de Ames o obradoiro “Excelentes mulleres científicas”. 

Está dirixido a rapaces e rapazas de 3º a 6º de primaria. 

Desenvolverase o sábado 20 de novembro, ás 11:00 horas na biblioteca de Bertamiráns

As inscricións poden facerse entre o 8 e o 17 de novembro.

Sábado, 20 de novembro de 2021

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle hoxe, 20 de novembro, ás 20:30 horas, a obra de Teatro “¿Esto es amor?” da Compañía Psíare. A actividade, que se desenvolverá a modo de Teatro-Forum, encádrase no programa “NIN SERVIL, NIN CALADA, LIBRE” co que o Concello de Ames conmemora o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller.

A actividade é de balde e as entradas xa se poden retirar na billeteira municipal.

Sábado, 20 de novembro de 2021

Co gallo do día da eliminación da violencia contra as mulleres, e co lema “Ames marcha contra o machismo”, a Concellaría de Benestar e Igualdade organiza unha andaina pola Ruta Mitolóxica do Monte Viso. As inscricións están abertas para as persoas que desexen participar, enviando un correo a promociondasaude@concellodeames.gal ata o xoves 18 de novembro ás 14:00 horas. Haberá servizo de autobuses, que sairán ás 10:00 horas da Casa do Concello de Bertamiráns e ás 10:15 horas da Casa da Cultura do Milladoiro.