Axenda
O venres 20 de setembro, ás 18:00 horas, Arkhé espazo educativo chegarán á Casa da Cultura do Milladoiro co obradoiro de masaxes "Música na pel". Dirixido a familias con bebés que aínda non se despracen, trátase dunha actividade no que as familias aprenderán unha rutina de masaxes equilibrada entre movementos estimulantes e relaxantes, acompañados dunha mestura de arrolos, cancións tradicionais e xogos de tacto baseados nos principios da Music Learning Theorym.
Dentro da "Semana Europea da Mobilidade", o Concello de Ames organiza o venres 20 de setembro a VI Marcha Ciclista Nocturna. Farase un percorrido con boa iluminación e fácil percorrido, pensado para que nela poida participar toda a familia. A marcha sairá da Praza do Concello, en Bertamiráns.