Axenda

Ex., 22-09-2020
Xoves, 20 de agosto de 2020

Por mor do anuncio de chuvias, "A praia dos afogados" proxectarase no salón de actos da Casa da Cultura do Milladoiro e non no anfiteatro como estaba previsto.

Baseada na novela do mesmo nome de Domingo Villar e dirixida por Gerardo Herrero, “A praia dos afogados” é un thriller ambientado nas Rías Baixas. Está protagonizado polo inspector Leo Caldas, un dos personaxes emblemáticos das obras do escritor galego. Conta coa participación dun bo número de actrices e actores galegos, entre os que se atopa o veciño de Ames, Pepo Suevos.

A actividade forma parte do programa “Visións”, pertencente á rede cultural da Deputación e está incluída no programa de fomento da Economía e a Cultura en Ames, AmesON. A proxección ´´e de balde até completar aforo.