Axenda

Ex., 25-06-2019
Xoves, 20 de xuño de 2019

Este xoves, a partir das 17.30 horas, celebrase unha nova andaina saudable con saída e chegada ao centro de saúde de Bertamiráns. Esta actividade, ao igual que o resto de andainas encadradas dentro do programa, trátase dunha ruta de dificultade media–baixa, que terá unha duración aproximada dunha hora ou hora e media. Organizadas pola Concellaría de Sanidade de Ames e os centros de saúde de Bertamiráns e Milladoiro, ditas andainas terán lugar en ambas localidades en semanas alternas.