Axenda

Ex., 13-06-2021
Xoves, 20 de maio de 2021

O xoves 20 celebrarase o Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas. Charo Pita presentará a premiada “O cuarto de Jane” e estará Laura R. Cuba coa súa obra “Rascamasseiras”. O acto terá lugar no Pazo da Peregrina ás 20.00 horas.

mércores, 12 de Maio de 2021 a luns, 31 de Maio de 2021

O Concello de Ames prepárase para celebrar o mes das Letras Galegas, que nesta edición están dedicadas a Xela Arias. A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá ata o 31 de maio a exposición “Abecedáriome” realizada polo IES de Ames. Trata sobre a vida, obra e a época de Xela Arias. Esta mostra foi premiada no concurso-exposición Letras Galegas 2021 da Xunta de Galicia.

mércores, 12 de Maio de 2021 a luns, 31 de Maio de 2021

O Concello de Ames prepárase para celebrar o mes das Letras Galegas, que nesta edición están dedicadas a Xela Arias. Os veciños e veciñas poderán acudir á exposición “Xela Arias, desde nós en ti!”. Os versos da escritora, escolmados e ilustrados polo alumnado do IES de Ames, poderanse ver nos escaparates do Milladoiro e de Bertamiráns dende o 12 ata o 31 de maio.