Axenda

Ex., 28-01-2022
Xoves, 20 de xaneiro de 2022

A unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves 20 de xaneiro no Milladoiro, na rúa Cruxa, no cruce coa avenida Rosalía de Castro. O horario de mañá será de 09:30 a 14:30 horas, mentres que pola tarde será de 15:30 a 21:00 horas. Por mor da pandemia do coronavirus, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, cómpre solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

Xoves, 20 de xaneiro de 2022

O programa SaúdeAndo é unha iniciativa da Concellaría de Promoción da Saúde, en colaboración cos centros de saúde do Milladoiro e de Bertamiráns. Como é habitual, será dende estes propios centros de saúde onde comecen as 38 andainas circulares programadas ao longo do ano, que se organizan cada xoves de semanas alternas, ás 17:30 horas, con rutas de dificultade media-baixa e de entre unha hora e hora e media de duración. Estas saídas van sempre acompañadas da presenza dun monitor de marcha nórdica, pensado para as persoas que desexen practicar esta modalidade, sempre de maneira voluntaria.