Axenda

Ex., 18-06-2021
Sábado, 19 de xuño de 2021

O programa Amessán clausúrase este curso cunha xornada con música e actividades no Parque do Ameneiral, en Bertamiráns o sábado 19 de xuño.

Sábado, 19 de xuño de 2021

13 actuacións musicais compoñen o programa “AmesON” co que, a Concellaría de Promoción Económica xunto coa de Cultura, xuntan forzas este verán para dinamizar a cultura e a economía en Ames durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Dará comezo o sábado19 de xuño coa actuación de Sond de Caracas na Praza de manuel Murguía, Milladoiro, ás 20.00 horas.  Podése ver o cartel ca programación nesta ligazón.

Sábado, 19 de xuño de 2021

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, organiza a segunda Festa do Apego de Ames, que se desenvolverá o sábado 19 de xuño. As actividades desenvolveranse no Pazo da Peregrina. Haberá teatro infantil, contos, concertos, xogos e moitas actividades máis. Ademais, varias librarías ofrecerán un 10% de desconto en materiais infantís en galego durante toda a xornada. O prazo de inscrición está aberto do 9 ao 16 de xuño. Deberase enviar un email ao correo normalizacion@concellodeames.gal coa folla de inscrición, indicando a actividade á que se quere asistir, nome e apelidos das persoas solicitantes, idade das crianzas e teléfono de contacto.

venres, 18 de Xuño de 2021 a sábado, 19 de Xuño de 2021

Co galo das celebracións do Día do LGTBIQ, a obra “En otra piel” , do Teatro Foro Psiare representarase en Ames. O venres 18 de xuño, estará en Bertamiráns e o sábado 19, no Milladoiro. Ambas sesións celebraranse ás 20.00 horas. Xa se poden adquirir de balde os convites na billeteira electrónica do Concello.