Axenda
A obra “Geometría del alma”, de Teatro Plus, que chegará á Casa da Cultura do Milladoiro o 18 de outubro ás 18:00 horas. Este espectáculo, dirixido a público infantil, é unha fusión entre teatro visual, danza contemporánea e manipulación de obxectos que expresan a relación entre as formas xeométricas e o corpo humano; un corpo que tratará de dar alma á xeometría para poder comprender a xeometría da alma que está no seu interior.
O 18 de outubro, ás 20:30 horas, a Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá a representación da obra teatral "Go Home", da compañía Etiqueta Negra. Trátase dunha peza dirixida por Tito Asorey e protagonizada por David Amor e Josito Porto que observa o mundo cara a cara, así como as súas problemáticas asociadas a Galicia. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica do Concello de Ames.
O venres 18 de outubro, ás 18:00 horas, Bolboreta (Lidia Botana) e Fabaloba chegará ao Pazo da Peregrina de Bertamiráns con "U-lo mar?". Dirixida a nenos e nenas de 3 a 6 anos, trátase duha proposta que une narración oral, cancións e ilustraciósn amosadas a través dun kamishibai co obxectivo de contribuír á difusión de recursos lúdicos e educativos para enriquecer a crianza.