Axenda

Ex., 19-10-2021
Luns, 18 de outubro de 2021

A concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde pon en marcha o Obradoiro Autoexplórate. Co gallo do Día do Cancro de Mama, que se vai celebrar o martes 19 de outubro, a concellaría de Benestar Social quere sensibilizar sobre a importancia da detención precoz con estes dous obradoiros. O 18 de outubro o Obradoiro Autoexplórate será impartido pola matrona do Centro de Saúde de Bertamiráns no Pazo da Peregrina ás 19:00 horas. Podes inscribirte enviando un mail a promociondasaude@concellodeames.gal ou no teléfono 649 450 264.

luns, 18 de Outubro de 2021 a martes, 19 de Outubro de 2021

 Unidade Móbil de doazón de sangue estará na rúa Curuxa, no cruce con Rosalía de Castro, na localidade do Milladoiro.

O luns 18 de outubro estará en horario de 9:30 a 14:30.

O martes, 19 de outubro, en horario de 15:30 a 21:00 horas.

Luns, 18 de outubro de 2021

A Concellaría de Mocidade e Normalización Lingüística organiza un concerto didáctico para a mocidade amesá. Será cun concerto de Zënzar no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns.