Axenda

Ex., 14-08-2020
Sábado, 18 de xullo de 2020

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle entre as 11:00 e as 14:00 o obradoiro “Crea a túa camiseta”.

O taller está dirixido a rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos.
Nuria Ruibal, artista plástica e directora da Escola de debuxo e pintura “Lápices” de Bertamiráns, imparte este taller no que a rapazada poderá confeccionar camisetas ao seu gusto.

O material necesario entregarase no propio obradoiro.

As prazas son limitadas. Os/as asistentes deberán levar máscara.

Sábado, 18 de xullo de 2020

A praza da Maía acolle hoxe, ás 22:30 horas, a actuación do Trío de Música Tradicional “Caldo”.  O evento encádrase dentro da programación da concellaría de Cultura e forma parte das actividades organizadas no municipio a través do patrocinio da Rede Cultural da Deputación de A Coruña.  O concerto é de balde. O aforo, por mor das actuais normas de seguridade, limitase a 100 persoas. No caso de que choiva, o espectáculo trasladarase á Casa da Cultura de Bertamiráns.

Sábado, 18 de xullo de 2020

Milladoiro e Bertamiráns acollen este sábado a actividade de Coches a pedais.

Os horarios e os espazos nos que se instalará o circuíto son os seguintes:
Milladoiro: Praza de Manuel Murguía entre as 12:00 e as 14:00 horas.
Bertamiráns: Rúa do Ameneiral ntre as 18 e as 20 horas.

venres, 17 de Xullo de 2020 a sábado, 18 de Xullo de 2020

Os escaparates de varios comercios de Bertamiráns e do Milladoiro converteranse por unhas horas no escenario onde o grupo Chévere amosará varias das súas creacións teatrais. A iniciativa forma parte do programa AmesON, encadrado no Plan Reactiva Ames, co que o Concello pretende dinamizar os sectores cultural e comercial de Ames.