Axenda

Ex., 14-08-2020
Xoves, 16 de xullo de 2020

O escritor e profesor Xabier Ron e a xornalista Irene Tomé presentan o xoves 16 de xullo ás 20:30 no pazo da Peregrina o fotopoemario “Os exilios que somos”, un compendio de poemas e fotografías que evocan unha memoria persoal que é tamén común a miles de familias galegas e españolas que viviron a lousa da guerra civil e da ditadura. A editorial Alvarellos edita este libro.

Xoves, 16 de xullo de 2020

Espectáculo musical infantil a cargo de Xoán Curiel e a Banda de Verán, que terá lugar na Praza de Manuel Murguía do Milladoiro. Trátase dun espectáculo que se encontra na programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.