Axenda

O mércores 10 de marzo ás 20.00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, levarase a cabo a presentación da obra “Irmandiñas”, de Aurora Marco. O libro, publicado pola editorial Laiovento, trata do papel das mulleres nas Irmandades da Fala. A autora realiza un estudo do, até o momento, oculto papel das mulleres na creación deste movemento que contribuiu a recuperar a lingua, a cultura e a identidade galega a comezos do século XX.

O mércores día 10 de marzo realizarase un contacontos virtual, un “dixiconto”, coa obra "Maruxa", de Eva Mejuto. Este libro, a partir dunha canción tradicional polaca e ilustracións de Mafalda Milhões publicado pola editorial OQO, será narrado pola animadora á lectura das Biblioteca Divina Fernandez e difundido no facebook da Biblioteca.
Hoxe, 10 de marzo, as animadoras á lectura das bibliotecas municipais, Bibiana Calvo e Divina Fernández, levarán a cabo o contacontos infantil "Maruxa". Os usuarios e usuarias poderán acceder a esta actividade a través da páxina de Facebook da biblioteca.

Co obxectivo de achegar recursos relacionados coa igualdade e difundir o papel das mulleres na sociedade en igualdade, as bibliotecas municipais de Ames, dende o xoves 4 ata o 13 de marzo, presentará unha exposición temática con fondos para adultos e infantís relacionados coa muller e a igualdade. Ademais, poderase desfrutar dende a súa páxina de Facebook.