Axenda

Ex., 12-04-2021
Venres, 09 de abril de 2021

O Mes do Libro celebrará hoxe, venres 9 de abril, un obradoiro infantil. Trátase dun "creacontos" dirixido a rapaces e rapazas de 9 a 12 anos. A actividade terá lugar na biblioteca do Milladoiro ás 17.30 horas. O prazo de inscrición está aberto dende o luns 22 de marzo ata o 6 de abril.

Venres, 09 de abril de 2021

O Programa Apego, do departamento de Normalización Lingüística, presenta o concerto infantil "Rockeando con Ramona". Este espectáculo infantil realizarase na Casa da Cultura de Bertamiráns, o venres 9 de abril, ás 18.00 horas. Esta actividade dirixida por Pakolas, está orientada a un público familiar.

Venres, 09 de abril de 2021

O venres 9 de abril, ás 20.30 horas, a veciñanza de Ames poderá desfrutar desta obra teatral no Milladoiro. A peza, da man da compañía Sarabela Teatro, mestura dous libros de Manuel Rivas: A lingua das bolboretas, a tráxica historia dun neno do rural galego e o seu mestre republicano na Guerra Civil, e A traxectoria do balón, un conto no que se inclúe o universo feminino. Esta obra está dentro do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.