Axenda

Ex., 14-06-2021
Venres, 07 de maio de 2021

O patio do Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolle o próximo venres 7 de maio unha nova foliada con Apego. A partir das 18.00 horas, as persoas asistentes gozarán dun encontro para bailar, cantar e tocar cancións galegas. Quen teña instrumentos tradicionais poderá levalos e usalos. Trátase dunha actividade para familias con nenos e nenas sen límite de idade ou para calquera outra persoa interesada e require inscrición previa. O prazo de inscrición está aberto ata o 6 de maio. Débese enviar un correo a normalizacion@concellodeames.gal.

Venres, 07 de maio de 2021

A obra de teatro para nenos e nenas "Voa, Voa!", da man da compañía talía Teatro, representarase ás 18.00 horas na Casa da Cultura do Milladoiro. Xa se poden mercar as entradas na Billeteira electrónica. A entrada xeral ten un prezo de 4 euros, mentres que as entradas con prezo reducido custan 2 euros. Esta obra está dentro do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.

Venres, 07 de maio de 2021

A obra dramática "Liberto", da compañía Rebordelos, representarase ás 20.30 horas en Bertamiráns.