Axenda

Ex., 28-11-2021
sábado, 06 de Novembro de 2021 a domingo, 07 de Novembro de 2021

A Aula da Natureza do Concello de Ames organiza unha acampada para que rapazas e rapaces do municipio coñezan o seu monte e realicen actividades por mor do San Martiño. O itinerario comeza ás 16.00 horas do sábado 6 e remata ás 14.00 horas do domingo 7, con servizo de autobús dende o Milladoiro e Bertamiráns. A inscrición para a actividade, limitada a 20 prazas para rapazada de 8 a 16 anos, realizarase enviando un correo eléctronico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

Sábado, 06 de novembro de 2021

Grandes xogos teatralizados sobre cultura e lingua, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Actividades orientadas á rapazada dende os 8 ata os 17 anos. "A casa do mago", de 16:00 a 17:30 horas, é un xogo de pistas para rapazada de entre 8 e 12 anos, no que, en grupos, as participantes terán que realizar distintas probas acompañadas das variopintas personaxes teatralizadas por monitores e monitoras. "O misterio das pantasmas", de 18:30 a 20:00 horas, é un xogo de investigación no que a rapazada, de 13 a 17 anos, terá que resolver enigmas, descifrar códigos e, sobre todo, interactuar coas diferentes personaxes históricas para acceder á información e resolver o misterio. Cómpre inscrición previa, cun aforo máximo de 40 persoas.