Axenda

Ex., 20-09-2019
Venres, 06 de setembro de 2019

As Concellarías de Sanidade e Medio Ambiente do Concello de Ames organizan o vindeiro venres, 6 de setembro, unha andaina saudable polo último tramo do Camiño Portugués. Para participar nesta actividade é necesario inscribirse antes das 14.00 horas do xoves 5 de setembro enviando un correo electrónico ao enderezo servizos_sociaisberta@concellodeames.gal ou chamando ao número de teléfono 981 890 964. Para participar nesta actividade que é de balde ofértanse 50 prazas.

venres, 06 de Setembro de 2019 a domingo, 15 de Setembro de 2019

A exposición Ames Coopera estará na Casa da Cultura do Milladoiro do 6 ao 15 de setembro.

luns, 02 de Setembro de 2019 a domingo, 15 de Setembro de 2019

Dende o luns, 2 de setembro, e ata o día 15 de setembro, está exposta na Casa da Cultura de Bertamiráns a mostra Mindjer di Guiné: Miradas desde Guinea-Bissau. A mostra pódese visitar de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 22.00 horas.