Axenda

Ex., 19-01-2020
Xoves, 05 de decembro de 2019

Coincidindo coa conmemoración do Día internacional do voluntariado, este xoves 5 de decembro, a Concellaría de Benestar Social organiza a primeira edición da Gala do voluntariado de Ames onde se homenaxeará os 42 voluntarios/as que  colaboran coa Oficina municipal de Voluntariado de Ames (OVA). En dito acto entregaráselle aos/ás voluntarios/as un carné e un pequeno agasallo. Tamén se lle entregará un galardón aos/ás catro voluntarios/as máis veteranos/as. Contarase coa actuación musical de Os D´Abaixo.