Axenda

Ex., 18-06-2021
Sábado, 05 de xuño de 2021

De 14.00 a 16.00 horas, os veciños e veciñas de Ames poderán compartir experiencias e pensamentos nun encontro intercultural achegando diferentes culturas e tradicións. O evento terá lugar na praia fluvial de Tapia.

Sábado, 05 de xuño de 2021

O Concello de Ames, a través da Aula da Natureza, vén de organizar unha xornada para celebrar o Día Internacional do Medio Ambiente. As actividades comezarán ás 10.00 cunha ruta polo Val do Pasos. Para inscribirse débese enviar a un email a auladanatureza@concellodeames.gal. Durante todo o sábado haberá unha actividade de piragüismo, xogos tradicionais e unha gran xincana. Ademais, levarase a cabo un encontro intercultural entre a veciñanza de Ames e unha solta de alevís de troitas no río Tambre como acto conmemorativo. Durante toda a xornada estarán abertas as mostras de maquinaria e plantas forestais. A xornada rematará ás 18.00 cunha actuación musical.

Sábado, 05 de xuño de 2021

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza unha xornada de portas abertas para asistir a un curso de piragüismo o vindeiro sábado 5 de xuño, na Pravia Fluvial de Tapia. Esta actividade, que se desenvolverá de 11.00 a 13.00 horas, está dirixida aos nenos/as maiores de 7 anos que saiban nadar. Precísase levar traxe de baño, chinelas e camiseta. Para inscribirse débese enviar un email a info@ribeirasdotambre.es