Axenda
Hoxe, martes, 5 de xaneiro de 2001, os Reis Magos reciben a todos aqueles nenos e nenas que solicitaron citra previa a través da sede electrónica do Concello, dentro do apartado "Solicitar cita previa"
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, pon en marcha un servizo de conciliación para que os pais e nais poidan realizar as cúas compras de Nadal no comercio local. Este servizo estará dispoñible do 12 de decembro ata o 9 de xaneiro nos centros de ocio; Planeta Máxico, no Milladoiro, e A Mona Ramona, en Bertamiráns.

Hoxe, martes 5 de xaneiro, as animadoras á lectura das bibliotecas municipais, Bibiana Calvo e Divina Fernández, levarán a cabo o contacontos infantil "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis". Os usuarios e usuarias poderán acceder a esta actividade a través da páxina de facebook da biblioteca.