Axenda

Ex., 20-01-2022
Sábado, 04 de decembro de 2021

As xornadas de Igualdade e prevención da violencia de xénero en Ames, “Acércate”, que organiza a Concellaría de Igualdade, acadan este ano a súa XI edición. Celebraranse o sábado 4 de decembro na Casa da Cultura de Bertamiráns e contarán, como convidada, con Lola Vendetta, alter ego da debuxante Raquel Riba Rossy, que, baixo o título “Más vale Lola que mal acompañada”, ofrecerá unha charla e un taller de ilustración. As inscricións poden facerse en  www.acercateaigualdade.com.

Sábado, 04 de decembro de 2021

Para a rapazada entre 6 e 14 anos, realizarase o 4 de decembro un taller con obxectos da natureza, enfocado á preparación dun Nadal sostible. A actividade, que se realizará pola mañá, terá autobuses de ida e volta dende a Casa da Cultura do Milladoiro, ás 10:30 e ás 13:45 horas, e dende o Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ás 10:45 e ás 13:30 horas.