Axenda

Ex., 19-01-2020
Venres, 03 de xaneiro de 2020

Desenvolverase na carpa da Praza de Manuel Murguía do Milladoiro. Está destinado a nenos e nenas de 6 a 12 anos. Para inscribirse é necesario enviar un correo electrónico a auladanatureza@concellodeames.gal. O prazo está aberto ata o 20 de decembro.

Venres, 03 de xaneiro de 2020

Obradoiro de xogos populares e tradicionais de diferentes partes do mundo. Destinado a un público infantil e familiar, desenvolverase na carpa da Praza de Chavián en Bertamiráns.

Venres, 03 de xaneiro de 2020

"Cartóons" é unha obra de teatro de Produccións Teatrais Excéntricas destinada a un público infantil de 4 a 12 anos. Representarase no auditorio Casa da Cultura do Milladoiro.

xoves, 02 de Xaneiro de 2020 a venres, 03 de Xaneiro de 2020

Torneo de Nadal de fútbol organizado polo Bertamiráns FC e Milladoiro SD. Desenvolverase nos campos de fútbol de Bertamiráns e do Milladoiro.