Axenda

Ex., 02-07-2020
Xoves, 02 de xaneiro de 2020

Obradoiro de ciencia que se desenvolverá na carpa da Praza de Manuel Murguía do Milladoiro, en dúas quendas. A primeira, das 16.30 ás 18.00 horas destinada a nenas e nenos de 6 a 8 anos e a segunda, das 18.30 ás 20.00 horas destinada a nenas e nenos de 9 a 12 anos. Para inscribirse, é necesario enviar un correo electrónico a auladanatureza@concellodeames.gal.

Xoves, 02 de xaneiro de 2020

O obradoiro, destinado a nenas e nenos de 5 a 12 anos, desenvolverase pola mañá na carpa da Praza de Manuel Murguía do Milladoiro e pola tarde na carpa da Praza de Chavián en Bertamiráns. As prazas son limitadas para ambos, polo que é necesario inscribirse enviando un correo a auladanatureza@concellodeames.gal. O prazo remata o 20 de decembro.

xoves, 02 de Xaneiro de 2020 a venres, 03 de Xaneiro de 2020

Torneo de Nadal de fútbol organizado polo Bertamiráns FC e Milladoiro SD. Desenvolverase nos campos de fútbol de Bertamiráns e do Milladoiro.

Xoves, 02 de xaneiro de 2020

Obradoiro de maxia e ilusionismo destinado a nenas e nenos de 8 a 12 anos. Terá lugar na carpa da Praza de Chavián en Bertamiráns. Para asistir é necesario inscribirse enviando un correo a auladanatureza@concellodeames.gal. O prazo para facelo remata o 18 de decembro.