Axenda

Ex., 22-09-2021
Mércores, 01 de setembro de 2021

As Brincadeiras Miúdas volven o mércores 1 de setembro ao Pazo de Peregrina, en Bertamiráns. De 18:00 a 20:00 o pazo encherase de actividades para que os máis cativos desfruten xogando, cantando, bailando, contando e creando ao aire libre con Cé Orquestra Pantasma.

A actividade ten prazas limitadas. Os interesados poderán inscribirse do 23 ao 30 de agosto enviando un correo a normalización@concellodeames.gal