Axenda

Ex., 28-03-2024
martes, 02 de Abril de 2024 a mércores, 03 de Abril de 2024

Os días 2 e 3 de abril a biblioteca do Milladoiro acolle unha sesión de contacontos para nenos e nenas de 3 a 8 anos. As familias interesadas poderán inscribirse entre o 25 e o 30 de marzo chamando ao teléfono 981 530 807, ou enviando un correo a biblioteca@concellodeames.gal. Deben indicar nome, apelidos, idade e un teléfono de contacto.

Xoves, 04 de abril de 2024

O departamento de Bibliotecas organiza o xoves 4 de abril, ás 17:30 horas, a presentación do libro "Voa Voa", de Artur Trillo. O acto será na biblioteca de Bertamiráns e está dirixido a público familiar. Ademais, sortearanse entradas para a obra de teatro homónima que se representará o venres 5 de abril na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 18:00 horas.

Xoves, 04 de abril de 2024

Hoxe, ás 17:30 horas, partirá do centro de saúde do Milladoiro a andaina saudable de SaúdeAndo . As sesións, para as non é precisa inscrición previa, duran entre unha hora e hora e media, e teñen unha dificultade media-baixa. Estas saídas contan sempre coa presenza dun monitor de marcha nórdica, pensando nas persoas que desexen practicar esta modalidade (sempre de maneira voluntaria).

Venres, 05 de abril de 2024

O venres 5 de abril, ás 18:00 horas, a Casa da Cultura do Milladoiro acolle a representación da obra de teatro "Voa Voa" da man de Talía Teatro. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

Venres, 05 de abril de 2024

O venres 5 de abril, ás 20:30 horas, a Casa da Cultura de Bertamiráns acolle a representación do espectáculo de danza "Sofá" da man de Marta Alonso. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

Sábado, 06 de abril de 2024

O sábado, 6 de abril, ás 19:00 horas, terá lugar no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro o concerto de música clásica “En clave clásica”. A velada contará coa interpretación e dirección dos artistas do Centro Superior de Música de Galicia, tutelados polo mestre Boris Perrenoud, director da Wiener Musikakademie. Os convites poden retirarse a través da Billeteira electrónica.

Martes, 09 de abril de 2024

O departamento de Bibliotecas organiza o martes 9 de abril, ás 17:30 horas, a presentación do libro "Mambrú volveu da guerra", de Carlos Labraña. O acto será na biblioteca do Milladoiro e está dirixido a maiores de 6 anos.

Mércores, 10 de abril de 2024

O departamento de Bibliotecas organiza o mércores 10 de abril, ás 17:30 horas, a presentación do libro "Valentina nunca calas e o monstro da media cara", de Charo Pita. O acto será na biblioteca de Bertamiráns e está dirixido a maiores de 3 anos.

Xoves, 11 de abril de 2024

Hoxe, ás 17:30 horas, partirá do centro de saúde de Bertamiráns a andaina saudable de SaúdeAndo . As sesións, para as non é precisa inscrición previa, duran entre unha hora e hora e media, e teñen unha dificultade media-baixa. Estas saídas contan sempre coa presenza dun monitor de marcha nórdica, pensando nas persoas que desexen practicar esta modalidade (sempre de maneira voluntaria).

Xoves, 11 de abril de 2024

Co obxectivo de que a Axenda 2030 sexa un proxecto participativo, o Concello de Ames organiza un encontro do Foro Municipal da Axenda Urbana cos axentes clave do municipio o 11 de abril, ás 10:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Para participar é necesario cubrir un formulario específico, dispoñible nesta ligazón, antes do 9 de abril.