Axenda

Ex., 16-04-2024
martes, 16 de Abril de 2024 a xoves, 18 de Abril de 2024

Os días 16, 27 e 18 de abril a biblioteca de Bertamiráns acolle unha sesión de contacontos para nenos e nenas de 3 a 8 anos. As familias interesadas poderán inscribirse entre o 8 e o 13 de abril chamando ao teléfono 981 884 829, ou enviando un correo a biblioteca@concellodeames.gal. Deben indicar nome, apelidos, idade e un teléfono de contacto.

Martes, 16 de abril de 2024

Dentro do ciclo Abril de Cine, o martes 16 de abril proxéctase a película The Straigth Story (Unha historia verdadeira), de David Lynch. Baseada nunha historia real, narra a viaxe de Alvin Straight, un ancián que vive coa súa filla con discapacidade, para ver ao seu irmán enfermo no único medio de transporte do que dispón: unha máquina cortacéspede. Nesta ocasión, o coloquio posterior contará coa participación do realizador, guionista e produtor galego Alfonso Zarauza. A proxección será na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 20:00 horas

Mércores, 17 de abril de 2024

O alumnado de violín da Escola Municipal de Música participará este mércores, 17 de abril, ás 18.30 horas, nunha audición co obxectivo de compartir o que aprenderon ao longo deste curso. Interpretarán pezas de estilos musicais moi variados. En dita audición participará todo o alumnado matriculado nesta especialidade instrumental (23 alumnos/as). A audición realizarase na Aula 10.

Xoves, 18 de abril de 2024

Co obxectivo de que a Axenda 2030 sexa un proxecto participativo, o Concello de Ames organiza un encontro do Foro Municipal da Axenda Urbana cos axentes clave do municipio o 18 de abril, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Para participar é necesario cubrir un formulario específico, dispoñible nesta ligazón, antes do 9 de abril.

Xoves, 18 de abril de 2024

O xoves 18 de abril, Margareita Murillo presenta no Pazo da Peregrina de Bertamiráns "Protocolo e Imagen: Relevancia protocolaria de la imagen". O acto estará presentado polo alcalde de Ames, Blas García. Tamén asistirá a concelleira e deputada provincial Natividade González.

Segundo a súa autora, o propósito deste ibro é convidar aos lectores a explorar a súa propia relación coa vestimenta, e comprender e descubrir a importancia e o potencial da imaxe persoal para crear unha representación propia positiva e auténtica.

O libro está dividido en dez bloques temáticos, nos que se exploran os códigos de vestimenta en diversos contextos específicos.

Xoves, 18 de abril de 2024

O xoves 18 de abril estará en Bugallido Olaya Fernández Seijas, nutricionista do Servizo de Atención Primaria de Bertamiráns e Brión, para dirixir o relatorio “Hábitos de alimentación saudable".

Xoves, 18 de abril de 2024

Hoxe, ás 17:30 horas, partirá do centro de saúde do Milladoiro a andaina saudable de SaúdeAndo . As sesións, para as non é precisa inscrición previa, duran entre unha hora e hora e media, e teñen unha dificultade media-baixa. Estas saídas contan sempre coa presenza dun monitor de marcha nórdica, pensando nas persoas que desexen practicar esta modalidade (sempre de maneira voluntaria).

Venres, 19 de abril de 2024

O venres 19 de abril, ás 18:00 horas,  Cris de Caldas e Xabi do Miño levarán á Casa da Cultura do Milladoiro o espectáculo "Contos en familia". Dirixido a público familiar, trátase dun espectáculo de contos, música e presentación dunha ampla escolma de libros esenciais para tratar temas clave na crianza. Un menú de conto pensado para introducírmonos no mundo da literatura infantil e para compartir experiencias e inquedanzas.

Venres, 19 de abril de 2024

A Concellaría de Deporte celebra este venres, 19 de abril, a décimo sexta edición da Gala do Deporte, un evento no que se homenaxeará tanto aos e ás deportistas máis destacados/as do concello, como ás diversas entidades deportivas. O acto terá lugar ás 20:30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, e será presentado polos xornalistas Lorena Pose e Diego Viaño. Ademais, ofreceranse distintos espectáculos e animacións.

Venres, 19 de abril de 2024

O venres 19 de abril, ás 17:00 horas, na biblioteca do Milladoiro terá lugar o obradoiro "Contos en figuras luminosas", dirixido a nenos a partir de 3º de primaria. As familias interesadas poden inscribirse entre o 8 e o 16 de abril enviando un correo a biblioteca@concellodeames.gal no que se indiquen nome, apelidos, curso do neno/a e un teléfono de contacto. Tamén será posible inscribirse chamando ao teléfono 981 530 807. Ofértanse un total de 12 prazas.