Pestanas principais

UCGAL convoca ás persoas afectadas por phishing bancario para coñecer o alcance das fraudes e deseñar liñas de actuación conxuntas

Xoves, 30 setembro, 2021
A xuntanza terá lugar hoxe xoves 30 de setembro ás 18.00 no salón de actos do Edificio Cersia en Santiago de Compostela.

UCGAL solicita que as persoas que desexen acudir leven consigo un breve informe da súa situación persoal (detalle dos feitos, importes subtraídos, reclamacións e denuncias presentadas, así como as respostas obtidas ás mesmas) que permita á asociación avaliar o alcance das fraudes á hora de dirixirse a entidades e autoridades.

Por razóns de seguridade recoméndase contactar previamente coa organización para avaliar o aforo máximo e lémbrase que é obrigatorio o uso de máscara durante a xuntanza.