Pestanas principais

Resultado do sorteo das prazas das Escolas deportivas e culturais (curso 2020-2021)

Luns, 5 outubro, 2020
O Concello de Ames, a través das Concellarías de Depores e Cultura, informa do resultado do sorteo das prazas das Escolas deportivas e culturais para o curso 2020-2021. As clases comezarán o luns 19 de outubro de 2020 e rematarán o o 31 de maio de 2021, no caso das Escolas culturais, e o 30 de xuño de 2021 no caso das Escolas deportivas.

O Concello de Ames poderá realizar as modificacións horarias que estime oportunas por necesidades de espazo para a programación do Concello. Debido á situación sanitaria que estamos a vivir por mor da Covid-19 as actividades deportivas e culturais poden verse condicionadas polos protocolos sanitarios que poidan publicar as autoridades do Estado e da Xunta de Galicia.

Método de pagamento para as persoas que, por sorteo, obtiveran praza:

Unha vez publicada a listaxe de admitidos na páxina web municipal o 1 de outubro, as persoas que, por sorteo, obtiveran praza deben solicitar a folla de autoliquidación entre os días 1 e 9 de outubro.

Este trámite poderá realizarse solicitando os documentos de pagamento a través do correo electrónico: ames@canaltributos.com, chamando ao número de teléfono 981 88 48 96 ou xeralo na Oficina Virtual Tributaria do Concello premendo na opción de AUTOLIQUIDAR AS MIÑAS TAXAS:
-Con certificado electrónico.
-Sen certificado electrónico.

Outra opción é acudir de xeito presencial ás oficinas de Recadación en Bertamiráns (Praza Horta de Abaixo, número 6) ou no Milladoiro (rúa Viorneira, número 6). Aínda así recoméndase, na medida do posible, facer dito trámite sen acudir ás oficinas de Recadación para evitar aglomeracións e colas.

Unha vez feita a autoliquidación no prazo estipulado (do 1 ao 9 de outubro), non é preciso entregar o resgardo de pagamento, dado que este chega automaticamente. Se non se realiza o pagamento no prazo establecido, a preinscrición quedará anulada.