Pestanas principais

Proceso selectivo para a selección dun Axente Local de Innovación

Venres, 17 marzo, 2023
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre o nomeamento dun/unha Axente Local de Innovación como funcionario interino para a execución do programa de carácter temporal "Innova Ames II". As bases de dito proceso selectivo saíron publicadas o venres 17 de febreiro de 2023, no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

No anuncio, noméase ao aspirante que se presentou ao exame como funcionario interino para a execución do programa de carácter temporal "Innova Ames II" como Axente Local de Innovación. Os aspirantes poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a mesma data, na forma prevista na lexislación reguladora de dita xurisdición contencioso-administrativa.