Pestanas principais

Proceso selectivo do alumnado traballador e persoal do obradoiro de emprego Renova IV

Xoves, 14 outubro, 2021
No enlace que está ao pé pódese coñecer o resultado definitivo do proceso para a selección do persoal directivo, docente, administrativo e alumnado-traballador do obradoiro dual de emprego “Renova IV”

O Concello de Ames vén de poñer en marcha unha nova edición do obradoiro de emprego Renova IV. O Renova IV é un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade e cofinanciado polo Ministerio de Trabajo y Economía Social, e promovido polo Concello de Ames conveniado co concello de Brión. O obradoiro terá unha duración de 9 meses e formará a 20 alumnos/as traballadores/as.

Premendo nesta ligazón podes acceder ao proceso ao completo.