Pestanas principais

Prazo extraordinario de matricula na Escola Municipal de Música de Ames para cubrir prazas que quedaron libres

luns, 2 Setembro, 2019 a venres, 20 Setembro, 2019
A Concellaría de Cultura informa das prazas que quedaron libres nas materias de música e movemento, frauta, e violín, que se imparten na Escola Municipal de Música de Ames.

MÚSICA E MOVEMENTO: 5 prazas, para nenos/as nados no 2014, en horario de luns e mércores de 16:30 a 17:30 horas.
FRAUTA: 3 prazas.
VIOLÍN: 5 prazas.
Os horarios de linguaxe musical ou música para adultos (para as persoas que opten ás prazas de instrumento), serán os establecidos polo profesor/a.

LUGARES DE ENTREGA DA DOCUMENTACIÓN: Por rexistro electrónico, no rexistro xeral do Concello de Ames, no rexistro auxiliar do Pazo da Peregrina ou no rexistro da Oficina Municipal do Milladoiro, de luns a venres das 9:00 ás 14:00horas, do 2 ao 20 de setembro.
Ao tratarse de un prazo extraordinario de matrícula, as prazas cubriranse por orde de rexistro de entrada e no caso de instrumento terase en conta a preferencia no primeiro instrumento. As solicitudes poden descargarse na páxina Web do Concello de Ames, no espazo “Avisos” ou recollerse presencialmente na Casa da Cultura do Milladoiro ou no Pazo da Peregrina en Bertamiráns.

Desde a EMMA poñeranse en contacto coas persoas que obteñan praza, para que formalicen a matrícula unha vez rematado o prazo de entrega de solicitudes. Coas persoas que non obteñan praza elaborarase unha lista de agarda para cubrir posibles baixas que se dean ao longo do curso.

INFORMACIÓN:
Casa da cultura do Milladoiro, das 9:30 ás 13:00 horas.
Teléfono: 981 535940
Correo electrónico: escolademusica@concellodeames.gal