Pestanas principais

As obras de rehabilitación do firme do periférico (SC-20) entre o polígono do Tambre e O Milladoiro continuarán o luns 20 de xaneiro

Venres, 17 xaneiro, 2020
Dende o Concello de Ames infórmase que debido ás abondosas chuvias desta semana non se puideron rematar os traballos de rehabilitación do firme (SC-20) que vai dende o polígono do Tambre (Santiago de Compostela) e O Milladoiro (Ames). Debido a iso, ditos traballos continuarán o próximo luns, 20 de xaneiro, polo que se recomenda evitar, na medida do posible, o paso por esta zona e utilizar as saídas de Galanas e Ventín.

O Ministerio de Fomento licitou o contrato de obras para executar os traballos de rehabilitación e repintado do firme do periférico (SC-20), entre o polígono do Tambre e maila localidade do Milladoiro. O presuposto de licitación do contrato ascende a 241.903 euros.

A través desta actuación estase realizando unha reparación do firme nos tramos que están en peor estado mediando un fresado e posterior reposición do mesmo, para posteriormente mellorar a capa de rodadura do firme na totalidade do tramo da SC-20 entre os puntos quilométricos 0+000 e 10+350, ademais de incluír o repintado final das marcas viarias das calzadas.

Debido ao atraso que se produciu na execución destra traballos, continuarán o próximo luns, 20 de xaneiro, polo que se recomenda evitar, na medida do posible, o paso por esta zona e utilizar as saídas de Galanas e Ventín.

Multimedia