Pestanas principais

O Servizo de Normalización Lingüística informa da ampliación do prazo para inscribirse nunha bolsa para realizar prácticas formativas

Venres, 24 setembro, 2021
O Concello de Ames convocou unha bolsa de formación para realizar prácticas formativas no Servizo de Normalización Lingüística titorizadas polo persoal técnico municipal. A bolsa, dun ano de duración, está dirixida a persoas graduadas en Lingua e Literatura Galegas. O prazo para a presentación de solicitudes amplíase ata o 30 de setembro. As persoas interesadas poden inscribirse premendo no seguinte enlace.