Avisos

Ex., 19-04-2024
Ex., 19-04-2024
Venres, 19 abril, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 19 abril, 2024
O Concello de Ames, a través dun bando de Alcaldía, informa que con motivo das actuacións da posta en marcha e desenvolvemento da “Aldea modelo de Ferreiros”, nos vindeiros días realizaranse traballos de recollida de documentación para investigar a propiedade das parcelas afectadas. Para facilitar ditas actuacións é necesario dispoñer da documentación que acredite a titularidade das mesmas.
Venres, 19 abril, 2024
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Xoves, 18 abril, 2024
Con motivo da convocatoria de eleccións ao Parlamento Europeo, que terán lugar o próximo día 9 de xuño, o Concello de Ames expón ao público, para consulta e presentación de reclamacións, o censo electoral elaborado pola Oficina do Censo Electoral, durante o período de exposición do 22 ao 29 de abril, ambos inclusive. O servizo de consulta realizarase por medios informáticos e será de xeito individual para cada persoa que o solicite, presentando o seu documento de identidade.
Mércores, 17 abril, 2024
Con motivo da celebración este sábado, 20 de abril de 2024, dun treito no concello de Ames do XXXVIII Rally Berberecho de Noia:
Martes, 16 abril, 2024
A empresa subministradora Naturgy notificoulle ao Concello de Ames de varias interrupcións programadas na subministración eléctrica durante o venres, 19 de abril, en Bertamiráns, co fin de realizar tarefas de mantemento e desenvolvemento da súa rede eléctrica. Así, quedarán fóra de servizo unha serie de instalacións que poden provocar interrupcións na subministración eléctrica nas rúas ou lugares descritos a continuación. Para aclaracións, contactar coa empresa no teléfono 900 333 999.
Luns, 15 abril, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, informa que se esgotaron as 100 unidades de líquido atrainte de raíñas, que se repartiron dentro da campaña de mitigación de expansión da especia invasora da avespa velutina.
Luns, 15 abril, 2024
Como cada ano, o Concello de Ames publica a súa programación municipal de campamentos para este verán. A través desta programa ofértanse 500 prazas repartidas entre 13 campamentos con estadía nocturna, que se desenvolverán en distintas datas entre o 23 de xuño e o 2 de setembro. Organizaranse tamén dúas quendas para participar no campamento urbano da Aula da Natureza, entre o 1 e o 26 de xullo. O prazo de solicitude de praza estará aberto dende o 15 ata o 24 de abril. Farase enviando a ficha de solicitude a través do rexistro telemático da Sede electrónica do Concello, ou presencialmente nos rexistros de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR). Consulta as bases ao completo premendo na ligazón que está debaixo deste aviso.
Venres, 12 abril, 2024
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 12 abril, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.