Avisos

Ex., 28-03-2024
Ex., 28-03-2024
Mércores, 27 marzo, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio co nomeamento de funcionario de carreira e creación de lista de agarda do proceso selectivo para a cobertura en propiedade dunha praza de arquitecto/a técnico funcionario/a de carreira, que figura como vacante e ten sido obxecto de inclusión para quenda libre ao abeiro da taxa de reposición de efectivos na oferta de emprego público correspondente ao ano 2022. As bases de dito proceso saíron publicadas o xoves 11 de maio de 2023, no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
Mércores, 27 marzo, 2024
As empresas amesás que estean interesadas poderán poñerse en contacto co consultor homologado polo Instituto de Comercio Exterior de España (ICEX) no 2018 e xerente de LEILOIO, Luis Pombo Pereira, para participar no servizo de consultoría que ofrece este coworker do espazo colaborativo A Proa. Luis Pombo fará, de xeito presencial ou online, unha análise do potencial de internacionalización da empresa segundo o plan Canvas e análise DAFO. Para inscribirse hai que enviar un correo electrónico ao enderezo: lpombo@leiloiointernational.com. Este servizo ofrécese de balde para as empresas amesás.
Mércores, 27 marzo, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 22 marzo, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio da lista definitiva de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a contratación laboral temporal de tres peóns/as para o departamento de Medio Ambiente do Concello de Ames subvencionada a través do Programa PEL Concellos 2024.
Venres, 22 marzo, 2024
Premendo nos enlaces que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Primavera Lúdica 2024 (almorzo e xantar). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 22 marzo, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 22 marzo, 2024
Boomerang TV, a produtora do programa musical La Voz Kids, púxose en contacto co Concello de Ames para informar de que está a levar a cabo o proceso de selección de novos/as candidatos/as para participar na vindeira edición do talent show. Ao casting poden presentarse todos os/as nenos/as de entre 7 e 15 anos, cumpridos no ano 2024. As persoas interesadas deben contactar co programa a través do número de teléfono 683 44 90 93 ou do enderezo electrónico marta.duque@boomerangtv.com.
Mércores, 20 marzo, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Secretaría, fai pública a listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as do proceso selectivo para a selección e posterior nomeamento do/a xerente da Entidade Pública Empresarial Augas de Ames.
Martes, 19 marzo, 2024
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames aprobou o pasado 7 de marzo as convocatorias de subvencións para a promoción de festas populares e actividades levadas a cabo polas asociacións culturais no exercicio 2024. O prazo para solicitar estas axudas, que suman unhas contías de 30.000 euros para as actividades culturais e de 25.000 euros para as festas, estará aberto entre o 15 de marzo e mailo 15 de abril.
Luns, 18 marzo, 2024
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes definitivas de nenas e nenos admitidas e excluídas do programa de conciliación Primavera Lúdica 2024, para o CEP Ventín e o CEIP A Maía.