Avisos

Ex., 19-04-2024
Ex., 19-04-2024
Mércores, 10 abril, 2024
Desde o pasado luns, 1 de abril, está aberto o prazo de preinscrición para o curso 2024-2025 nas escolas infantís de titularidade municipal (O Bosque, en Bertamiráns, e A Madalena, no Milladoiro). As solicitudes poderán presentarse ata o vindeiro 15 de abril. Posteriormente, os/as admitidos/as deberán formalizar a matrícula entre o 1 e o 17 de xuño. A documentación que hai que presentar para preinscribirse pode descargarse preferentemente a través da páxina web conciliames.gal, ou ben recollerse nas dependencias das escolas.
Mércores, 10 abril, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio co resultado da proba do CELGA e a data do exame do proceso selectivo para a contratación laboral temporal de tres peóns/as para o departamento de Medio Ambiente do Concello de Ames subvencionada a través do Programa PEL Concellos 2024.
Martes, 9 abril, 2024
Os días 16, 27 e 18 de abril a biblioteca de Bertamiráns acolle a sesión de contacontos "As cores do arco da vella", para nenos e nenas de 3 a 8 anos. As familias interesadas poderán inscribirse entre o 8 e o 13 de abril chamando ao teléfono 981 884 829, ou enviando un correo a biblioteca@concellodeames.gal. Deben indicar nome, apelidos, idade e un teléfono de contacto.
Luns, 8 abril, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Obras e Servizos Básicos, informa de que ese luns, 8 de abril, comezaron os traballos na rúa de Abaixo, no Milladoiro. Duarante esta semana e maila próxima executaranse obras nas rúas de Abaixo, Agro do Medio, Agro da Madalena e do Rego, situadas na localidade do Milladoiro. Os traballos iranse realizando de xeito progresivo en ditas rúas.
Venres, 5 abril, 2024
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 5 abril, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Xoves, 4 abril, 2024
O 3 de abril de 2024 o acalde do Concello de Ames ditou a resolución 954/2024 na que resolve nomear persoal funcionario de carreira, no posto de oficial de policía local, escala básica, categoría de oficial grupo C1, derivada da OPE de 2023, a Martina Marcos Mosquera, que deberá tomar posesión no prazo máximo dun mes dende a publicación no BOP do seu nomeamento.
Martes, 2 abril, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio publicado no BOP sobre a declaración como persoal laboral fixo da praza de axudante – preparador/a deportivo/a.
Luns, 1 abril, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Educación, informa sobre o número de prazas ofertadas nos servizos complementarios de educación para o curso 2024-2025.
Mércores, 27 marzo, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio co nomeamento de funcionario de carreira e creación de lista de agarda do proceso selectivo para a cobertura en propiedade dunha praza de arquitecto/a técnico funcionario/a de carreira, que figura como vacante e ten sido obxecto de inclusión para quenda libre ao abeiro da taxa de reposición de efectivos na oferta de emprego público correspondente ao ano 2022. As bases de dito proceso saíron publicadas o xoves 11 de maio de 2023, no Boletín Oficial da Provincia (BOP).