Avisos

Ex., 10-12-2019
Ex., 10-12-2019
Venres, 11 outubro, 2019
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa de que a partir do 15 de outubro enviáraselle información (avisos, notificacións, incidencias, etc.) ás familias usuarias da Rede municipal de comedores escolares a través da plataforma de comunicación TokApp School.
Martes, 8 outubro, 2019
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, informa da listaxe de prazas ocupadas e libres das Escolas Culturais. As persoas que estean interesadas aínda poden inscribirse de cara ao curso 2019-2020. O proceso de inscrición de praza pódese realizar tanto de xeito presencial como telemático. As clases comezarán a semana do luns 1 de outubro e rematarán o 31 de maio de 2020. As persoas interesadas poderán solicitar máis información chamando aos números de teléfono 981 535 940 – 662 377 444 ou enviando un correo ao enderezo de correo electrónico cultura@concellodeames.gal.
Martes, 1 outubro, 2019
A Concellaría de Benestar Social, a través da súa Oficina de Voluntariado (OVA), pon en marcha unha nova edición do curso de español para estranxeiros. A actividade comeza este martes, 1 de outubro, e será impartida un ano máis por Matilde Fernández. A inscrición no curso, dirixido sobre todo a persoas residentes no concello cuxa lingua materna non sexa o castelán ou o galego, pode realizarse na Oficina de Voluntariado de Ames, situada na Casa da Cultura do Milladoiro ou de Bertamiráns ou a través do número de teléfono 662 377 044.
Xoves, 26 setembro, 2019
Un ano máis, a Concellaría de Benestar Social, a través da Oficina de Voluntariado (OVA), pon en marcha unha nova edición do obradoiro municipal de viticultura e horticultura. Esta actividade, que comeza no mes de outubro, impartirase todos os luns, ás 20.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Para inscribirse neste seminario é preciso acudir á Oficina de Voluntariado de Ames, situada nas Casas da Cultura do Milladoiro e de Bertamiráns, ou chamar ao número de teléfono 662 377 044.
Martes, 24 setembro, 2019
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, e a organización Acción contra a Fame, colaboran na posta en marcha do programa Vives Emprende, correspondente ao segundo semestre deste ano, que asesora, forma e facilita o acceso a financiamento a persoas desempregadas ou con emprego precario que desexen emprender, especialmente a mulleres. Deste xeito, durante os meses de setembro e outubro impartiranse un total de seis talleres formativos. O primeiro impartirase este mércores, 25 de setembro, e xirará en torno á idea de negocio e a proposta de valor.
Martes, 24 setembro, 2019
A Aula de Informática do Milladoiro abre o prazo para anotarse nos cursos que ofrece para este último trimestre do ano 2019. A oferta está formada por un obradoiro de mecanografía para adultos; outro de correo electrónico tamén para maiores de 16 anos; e un curso de iniciación á programación con Scratch, dirixido a nenos e nenas de 9 a 12 anos.
Venres, 20 setembro, 2019
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, fai públicas as listaxes coas persoas admitidas e en lista de agarda das Escola deportivas municipais para o curso 2019-2020. Estas listaxes son o resultado do sorteo público feito este pasado xoves, 18 de setembro, entre as persoas que realizaron a preinscrición.
Mércores, 11 setembro, 2019
Dende a Concellaría de Educación comunícase ás familias usuarias dos programas de conciliación Bos Días Cole, Comedores Escolares e Tardes Divertidas no CEIP A Maía que o espazo de comedor (onde se realizaban as actividades deste programa) trasládanse á sala de usos múltiples (biblioteca do CEIP) habilitada no centro escolar durante a realización das obras do novo comedor escolar. Desculpen as molestias.
Xoves, 22 agosto, 2019
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Comunicación, volveu dar a oportunidade á veciñanza de presentar os seus propios proxectos de programas de radio, para realizar en Ames Radio entre os meses de outubro e xuño. Esa foi, precisamente, unha das novidades que presenta esta terceira convocatoria, estendendo durante todo o curso a duración dos programas.
Martes, 20 agosto, 2019
O Concello de Ames informa da RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.