Pestanas principais

Listas provisionais do programa de conciliación municipal Nadal Lúdico 2019

Mércores, 20 novembro, 2019
O Concello de Ames informa de que xa están expostas as listas provisionais de usuarios/as admitidos/as no programa Nadal Lúdico. Premendo nos enlaces que están ao pé deste aviso poderás consultar as listas de Bertamiráns e do Milladoiro. Debido a Lei de Protección de Datos non se poden publicar datos de carácter persoal nesta lista, pero pódese comprobar se unha rapaza ou rapaz está admitido a través do número de rexistro que figura nesta lista e na copia do impreso de inscrición de cada usuaria/o.

As listas tamén se poden consultar nas oficinas do departamento de Educación, situadas no Pazo da Peregrina, nas portas de entrada da Casa do Concello e nas oficinas municipais do Milladoiro. O prazo para presentar posibles reclamacións remata o vindeiro 4 de decembro.

Este programa, que terá lugar os días 23, 24, 26, 27, 30, 31 de decembro de 2019, e o 2, 3 e 7 de xaneiro de 2020, ten como finalidade ofertar unha alternativa que permita as nais e pais conciliar vida laboral e familiar, ocupando o tempo de lecer dos máis pequenos de maneira divertida e educativa.

Para obter máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 891 476 ou enviar un correo electrónico ao enderezo educacion@concellodeames.gal.