- Tematica
Para as persoas que proveñan de outras Comunidades Autónomas ou de outros países que non sexan residentes en Galicia e, polo tanto, non teñan a posibilidade de acudir a seu médico de cabeceira, dende o Servizo Galego de Saúde implantouse un procedemento que simplifica calquera trámite administrativo e permite que esa persoa con sintomatoloxía poda ser avaliada de un modo áxil por nosos profesionais e podan tomar a decisión sobre proba diagnóstica, ou tratamento no seu caso, que consideren axeitada.
Este procedemento lévase a cabo a través dun teléfono, o 881 00 20 21, dende o que se xestiona o procedemento e habilítase a consulta cun profesional para a avaliación dos síntomas de dita persoa.