Avisos

Ex., 16-04-2024
Ex., 16-04-2024
Venres, 5 abril, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Xoves, 4 abril, 2024
O 3 de abril de 2024 o acalde do Concello de Ames ditou a resolución 954/2024 na que resolve nomear persoal funcionario de carreira, no posto de oficial de policía local, escala básica, categoría de oficial grupo C1, derivada da OPE de 2023, a Martina Marcos Mosquera, que deberá tomar posesión no prazo máximo dun mes dende a publicación no BOP do seu nomeamento.
Martes, 2 abril, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio publicado no BOP sobre a declaración como persoal laboral fixo da praza de axudante – preparador/a deportivo/a.
Luns, 1 abril, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Educación, informa sobre o número de prazas ofertadas nos servizos complementarios de educación para o curso 2024-2025.
Mércores, 27 marzo, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai público o anuncio co nomeamento de funcionario de carreira e creación de lista de agarda do proceso selectivo para a cobertura en propiedade dunha praza de arquitecto/a técnico funcionario/a de carreira, que figura como vacante e ten sido obxecto de inclusión para quenda libre ao abeiro da taxa de reposición de efectivos na oferta de emprego público correspondente ao ano 2022. As bases de dito proceso saíron publicadas o xoves 11 de maio de 2023, no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
Mércores, 27 marzo, 2024
As empresas amesás que estean interesadas poderán poñerse en contacto co consultor homologado polo Instituto de Comercio Exterior de España (ICEX) no 2018 e xerente de LEILOIO, Luis Pombo Pereira, para participar no servizo de consultoría que ofrece este coworker do espazo colaborativo A Proa. Luis Pombo fará, de xeito presencial ou online, unha análise do potencial de internacionalización da empresa segundo o plan Canvas e análise DAFO. Para inscribirse hai que enviar un correo electrónico ao enderezo: lpombo@leiloiointernational.com. Este servizo ofrécese de balde para as empresas amesás.
Mércores, 27 marzo, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 22 marzo, 2024
Premendo nos enlaces que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Primavera Lúdica 2024 (almorzo e xantar). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 22 marzo, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 22 marzo, 2024
Boomerang TV, a produtora do programa musical La Voz Kids, púxose en contacto co Concello de Ames para informar de que está a levar a cabo o proceso de selección de novos/as candidatos/as para participar na vindeira edición do talent show. Ao casting poden presentarse todos os/as nenos/as de entre 7 e 15 anos, cumpridos no ano 2024. As persoas interesadas deben contactar co programa a través do número de teléfono 683 44 90 93 ou do enderezo electrónico marta.duque@boomerangtv.com.