Avisos

Ex., 25-06-2021
Ex., 25-06-2021
martes, 22 Xuño, 2021 a mércores, 30 Xuño, 2021
Premendo no enlace que está ao pé deste aviso poderás obter os menús da Rede de comedores escolares para o Xuño Lúdico. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Luns, 21 xuño, 2021
O Concello de Ames fai pública a actualización da listaxe da Bolsa de Contratacións Temporais e de interinidades de Auxiliares Administrativos.
luns, 21 Xuño, 2021 a xoves, 8 Xullo, 2021
Dende o luns 21 de xuño, ata o xoves 8 de xullo, está aberto o prazo para matricularse nos servizos complementarios de Bos Días, Tardes Divertidas e Comedores.
venres, 18 Xuño, 2021 a sábado, 19 Xuño, 2021
Por mor da situación meteorolóxica, cancélase a primeira actuación do Programa AmesÓn. Estaba previsto que, o sábado 19 de xuño, o Sond de Caracas Dúo actuase na Praza de Manuel Murguía, no Milladoiro, ás 20.00 horas.
Venres, 18 xuño, 2021
Premendo no enlace que está ao pé deste aviso poderás obter os menús da Rede de comedores escolares. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 18 xuño, 2021
Premendo no enlace que está ao pé deste aviso poderás obter os menús das Escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
venres, 18 Xuño, 2021 a sábado, 19 Xuño, 2021
O evento, que nun primeiro momento se ía celebrar no Parque do Ameneiral, en Bertamiráns o sábado 19 de xuño, trasládase ao Pazo da Peregrina de Bertamiráns por mor da situación climatolóxica.
Xoves, 17 xuño, 2021
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas para o programa de conciliación da vida laboral e familiar Xuño Lúdico 2021. O servizo desenvolverase, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, os días 23, 24, 25, 28, 29 e 30 de xuño, en horario de 7:30h a 16:00 horas.
xoves, 17 Xuño, 2021 a xoves, 15 Xullo, 2021
Dende o día 18 de xuño ata o xoves 15 de xullo, poderanse solicitar as axudas de Familia Numerosa.
xoves, 17 Xuño, 2021 a mércores, 15 Setembro, 2021
Dende o 15 de xuño ata o 15 de setembro, as Bibliotecas Municipais do Concello de Ames estarán abertas de 09.00 a 14.00 horas.