Pestanas principais

Bando sobre as alteracións de tráfico pola XVI Milla Urbana

Xoves, 22 setembro, 2022
O Concello de Ames informa dos cortes de tráfico e prohibicións nos arredores da Área Deportiva do Milladoiro pola celebración o vindeiro domingo 25 de setembro da XVI Milla Urbana.

Infórmase:

- Que estará prohibido estacionar, ese día, no aparcadoiro da Área Deportiva e da Casa da Cultura do Milladoiro das 8:00 ás 14:00 horas.

- Que as seguintes rúas, por onde transcorre a citada Milla Urbana, estarán cortadas ao tráfico en horario das 10:00 ás 13:00 horas: TRAVESÍA DO PORTO, RÚA DOS AGRIÑOS, PARTE DA RÚA PARDIÑEIROS E PARTE DA AVENIDA MUIÑO VELLO.

Polo que, se recomenda evitar as vías mencionadas para evitar retencións de tráfico.