Pestanas principais

A Aula da Natureza organiza unha saída para recoller e identificar cogomelos

xoves, 30 Setembro, 2021 a sábado, 2 Outubro, 2021
A saída, organizada pola Aula da Natureza, terá lugar o día 2 de outubro. Hai 30 prazas dispoñibles. Para participar é necesario enviar unha mensaxe a auladanatureza@concellodeames.gal

Haberá  servizo de autobús con saída ás 10:30 da Casa da Cultura do Milladoiro e regreso ao remate da actividade.
En Bertamiráns o punto de encontro será na praza do concello as 10:45.
A finalización da actividade está prevista en torno ás 14:00 h.

É recomendable levar cesta ou bolsa de pano cun coitelo.