Pestanas principais

Amplíase o prazo para inscribirse nas actividades do programa “Desconfinamento Saudable”

mércores, 1 Xullo, 2020 a venres, 10 Xullo, 2020
O departamento de Benestar Social do Concello de Ames, a través da Concellería de Sanidade e do programa Ames Saudable, organiza para este mes de xullo as xornadas “Desconfinamento Saudable”. Trátase dun conxunto de actividades ao aire libre que se impartirán en grupos reducidos de máximo 15 persoas tanto en Bertamiráns como no Milladoiro. Hai prazas libres nas actividades da tarde e en ioga polo que aquelas persoas que o desexen, aínda teñen a posibilidade de inscribirse. O prazo estará aberto até completar o aforo en cada unha das actividades ofertadas. A inscrición pódese facer enviando un correo a promociondasaude@concellodeames.gal ou chamando ao número 649 45 02 64.

Ames Saudable organiza o programa “Desconfinamento Saudable” para o mes de xullo. Consiste nun programa de actividades saudables que se poden realizar tanto de xeito individual (no caso das actividades de ioga e relaxación e baile en liña) ou en familia (actividade Ben-Estar: corpo e movemento creativo).   

No Milladoiro, o escenario elixido para levar a cabo o programa é o entorno da piscina municipal. Así, os luns e os mércores desenvolverase ioga e relación en horario de 10.00 a 11.00 horas, os martes e os xoves, está programada a actividade en familia Ben-Estar de 18.00 a 19.00 horas, e xa por último os venres, haberá baile en liña de 10.00 a 11.00 horas. Na actividade Ben-Estar poderán participar as familias que o desexen, incluso menores de 4 anos en adiante.

Mentres que en Bertamiráns, as actividades levaranse a cabo nos xardíns do Pazo da Peregrina. Os luns e os mércores desenvolverase a actividade en familia Ben-Estar en horario de 18.00 a 19.00 horas, os martes e os xoves haberá ioga e relaxación de 10.00 a 11.00 horas, e os venres, baile en liña, en horario de 11.30 a 12.30 horas.

Multimedia