Pestanas principais

Ames apoia a concentración convocada pola Plataforma Feminista con motivo da violación de Manresa

Mércores, 6 novembro, 2019
O Concello de Ames súmase á concentración convocada pola Plataforma Feminista este mércores, 6 de novembro, ás 20.00 horas na Praza da Maía de Bertamiráns. O obxectivo desta iniciativa será mostrar o apoio da sociedade á vítima dos violadores de Manresa, así como a súa repulsa por mor da sentenza deste caso. Asemade, a Concellaría de Benestar Social de Ames quere animar a toda a veciñanza amesá a que se sume a esta concentración para mostrar de maneira pública a condena deste tipo de situacións.

Multimedia