Pestanas principais

Abre o prazo de inscrición no programa de conciliación Nadal Lúdico

luns, 7 Outubro, 2019 a luns, 21 Outubro, 2019
O Concello de Ames pon en marcha o programa de conciliación Nadal Lúdico, dirixido aos nenos e e nenas escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil e Educación Primaria que se encontren empadroados no Concello de Ames. Este programa, que terá lugar os días 23, 24, 26, 27, 30, 31 de decembro de 2019, e o 2, 3 e 7 de xaneiro de 2020, ten como finalidade ofertar unha alternativa que permita as nais e pais conciliar vida laboral e familiar, ocupando o tempo de lecer dos máis pequenos de maneira divertida e educativa.

O programa de conciliación comeza ás 7.30 horas da mañá e remata ás 16.00 horas da tarde, pero con diferentes alternativas en horarios para adaptarse o mellor posible a cada familia. Tanto estes horarios como os custos do servizo poden visualizarse nos anexos.

O prazo de inscrición no programa abrangue dende hoxe 7 de setembro ao 21 de outubro. A entrega de documentación para solicitalo poderá realizarse a través das oficinas de rexistro do concello de Ames, no Pazo da Peregrina (Bertamiráns), na Oficina Municipal do Milladoiro ou a través da sede electrónica do concello de Ames.

Para máis información pódese chamar ao número 981 891 476 ou enviar un correo a educacion@concellodeames.gal.

Multimedia