Pestanas principais

Abre a consulta pública o regulamento de funcionamento do mercado de venda ambulante

Venres, 5 agosto, 2022
De conformidade co previsto no artigo 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), e co obxectivo de contar coa participación da cidadanía no procedemento de elaboración do regulamento de funcionamento do mercado de venda ambulante do Concello de Ames, procédese a efectuar, en cumprimento do decreto da Alcaldía 2429/2022, unha consulta pública a través da web municipal, co fin de saber a opinión dos suxeitos e das organizacións mais representativas potencialmente afectados polo futuro regulamento.

O prazo para participar é de 20 días hábiles dende o día seguinte á publicación da consulta na web municipal, polo que estará aberto do luns 8 de agosto ao luns 5 de setembro. A participación realizarase a través do enderezo secretaria@concellodeames.gal.