Pestanas principais

Aberto o prazo para a Consulta Pública sobre a memoria xustificativa do cambio do modelo de xestión do Ciclo Integral da Auga (CIA)

Venres, 10 setembro, 2021
O Concello de Ames informa que acaba de abrir un prazo de consulta pública para os efectos de transparencia e poder contar coa participación da cidadanía, polo que se expón a memoria xustificativa do cambio do modelo de xestión dos servizos do Ciclo Integral da Auga, coa fin de recoller aportacións e suxestións sobre a memoria obxecto da consulta pública.

Dita consulta está publicada no apartado de Transparencia da páxina Web municipal e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Ames. Poderán realizarse aportacións e/ou suxerencias a través do correo electrónico secretaria@concellodeames.gal .

Prazo presentación propostas:  10/09/2021 ata o 09/10/2021 (30 días naturais)

Forma participación :  secretaria@concellodeames.gal