A Mámoa. Parroquia de Tapia
O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre-Ternera Gallega nace no ano 1985 grazas ao empeño e tesón dos tres fundadores, José Ramón Mato Lago, Maximino Viaño Illodo e Lino Berdullas Miramontes, que contaron co apoio e patrocinio de Ternera Gallega e do Concello de Ames. A súa sede, que se mantén ata a actualidade, atópase na praia fluvial de Tapia nunhas instalacións que se foron mellorando e ampliando co tempo. Ademais da sección competitiva, coa que se conseguiron grandes resultados, o club de piragüismo amesán oferta cursos de iniciación ao piragüismo durante os meses de verán.
Outros datos:
Contacto: 625 398 575
E-mail: albertovia@yahoo.es
Web: http://www.ribeirasdotambre.es.kz/






